Mercados

Oil&Gas

Innovación e seguridade no sector Oil&Gas

Especializámonos en ofrecer solucións integrais e de alta calidade para o equipamento de cuberta en buques do sector Oil&Gas. O noso catálogo abarca unha ampla variedade de maquinaria deseñada para operar nas condicións máis esixentes, garantindo seguridade, eficiencia e compatibilidade con calquera contorno marítimo. Desde grúas electrohidráulicas para terminais de gas e regasificación, ata sistemas especializados para a manipulación de defensas e cargas, cada un dos nosos produtos cumpre coas normativas internacionais máis rigorosas, incluíndo as certificacións ABS e ATEX. A nosa experiencia na fabricación e adaptación de equipos asegura a operatividade en atmosferas explosivas, en calquera estado do mar e en contornos de alta complexidade.

Solucións para manobras de cuberta e recuperación en contornos offshore

Os nosos pescantes basculantes e radiais son ideais para a posta a flote e recuperación de defensas de embarcacións en condicións extremas, incluíndo ambientes con atmosferas explosivas. Equipados con sistemas de compensación de onda, devandoiros para o largado de cabos e manobras neumáticas de emerxencia, estes equipos garantizan operacións seguras e eficientes, mesmo en condicións adversas. Non só facilitan a manobra, senón que tamén minimizan riscos, grazas ao seu deseño robusto e á integración de cabinas de control ATEX, que aseguran a operatividade en ambientes perigosos.

Maquinaria especializada para terminais de gas e GNL

Para as instalacións en terminais de gas, GNL ou regasificación, desenvolvemos grúas monorraíl e sistemas de manipulación específicos que aseguran un rendemento superior na extracción e mantemento de bombas de gas natural e provisións. Estas grúas están deseñadas para soportar fortes ventos, actividade sísmica e atmosferas explosivas, con marcado CE e certificacións internacionais. Ademais, ofrecemos sistemas de carga e descarga que facilitan as operacións de transferencia de gas e produtos relacionados, garantindo a seguridade en cada etapa do proceso. O noso compromiso é proporcionar equipos fiables, adaptados ás condicións particulares de cada terminal, que contribúen á eficiencia e seguridade na industria.

Oil&Gas, chigre, fabrica, calidad

Equipamento a medida para acceso e manobras especiais

Para facilitar o acceso e tránsito en plataformas offshore, deseñamos pasarelas dinámicas e pasarelas de tránsito realizadas a medida, tendo en conta as dimensións, espazo e condicións de traballo específicas de cada embarcación. Así mesmo, contamos con equipos especializados para manobras en popa de buques sísmicos e plataformas de regasificación. Os nosos produtos combinan tecnoloxía avanzada e robustez, asegurando operacións seguras en contornos esixentes. A innovación, a calidade e a adaptación ás necesidades do cliente son os piares que consolidan a FERRI como referente no equipamento de cuberta para o sector Oil&Gas.

Volver a Mercados